24 jun 2013

FIN DE CURSO

Rematou o curso cunha xornada chea de actividades:
- primeiro o obradoiro de construción de enredos no que despois dalgúns atrancos fomos capaces de facer as nosas propias cariocas e disfrutar xogando con elas
- despois as exhibicións de patinaxe e judo; con tanta emoción agora imos quedar sen futbolistas, todos queren aprender judo para o vindeiro curso
- e rematamos compartindo os manxares aportados por todos e os chourizos que asou o director.

Houbo moi pouco espazo para poder facer fotos porque a actividade foi moi intensa así que como di a canción "aí vai a despedida, aí vai a derradeira..."

Moi boas vacacións a todos e a todas, sede felices.
Vémonos en setembro para seguir aprendendo todos xuntos!


20 jun 2013

UN VOLCÁN

   Hoxe fixemos un experimento: un volcán con bicarbonato. Nunha botella pequena de plástico botamos vinagre ata a metade; a continuación, colorante alimentario (remexemos un pouco) e, despois, o bicarbonato. E aquí está o que pasou...:


         




    Repetímolo varias veces e aplaudimos!! jaja Agora farémolo nas nosas casas.


19 jun 2013

VISITA AO ZOO DE VIGO

A excursión de fin de curso é moi importante, é un día de diversión pero tamén de aprendizaxe. Aínda que a vida en cautividade non é o máis aconsellable para os animais; hoxe aprendemos que os individuos que viven no zoo da Madroa teñen diversas procedencias que farían imposible a súa supervivencia en liberdade: os leóns e outros foron "rescatados" de circos,  o halcón peregrino que traballou no aeroporto de Peinador para evitar que as gaivotas puxeran en perigo o voo dos avións e agora está "xubilado" no zoo, moitas tartarugas que entregan familias que xa non poden/ non queren seguir coidando...
Vimos osos, panteira negra, tigres, pavos reais, buitre leonado, lince ibérico, lobos, cisnes blancos, negros, reptís de distintos tipos, insectos "pao" vermellos, de Perú, xigantes....

Que vos conten eles e elas o que máis lles chamara a atención, cadaquén ten os seus gustos.
Disfrutamos, aprendemos e convivimos cunha boa armonía. Ao final... nas fotos podedes ver o que ocurría no autobús!


18 jun 2013

O VISTA ALEGRE BENXAMÍN "A" TERCEIRO POSTO NO TORNEO DE FÚTBOL BASE DE TORDOIA

O Vista Alegre, o meu equipo de fútbol (ADRIÁN CAAMAÑO - 4º) gañou o terceiro posto no torneo de Tordoia, e déronnos unha medalla. Tamén participaron rapaces de terceiro, como Mario, Andrés Martínez, Roberto e Óscar. O primeiro partido perdémolo 0-6 e o segundo gañámolo 2-1, e pasamos a semifinal, na que quedamos eliminados porque empatamos e tivemos que ir aos penaltis.
Pero foi moi divertido aínda que perdéramos porque por fin chegaramos a unha semifinal. A parte da medalla, déronnos unha camiseta e un libriño. Fran tamén foi, pero non se acordou de traer a medalla, que pena!
Gústavos a medalla?

17 jun 2013

VISITA AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA: 3º, 5º e 6º

O venres disfrutamos dunha marabillosa xornada de convivencia no parque acuático de Cerceda, para acompañar aos alumnos de 6º que finalizaron no 3º posto do concurso ECOVOZ 2013. Despois da entrega de premios, xa poidemos facer uso das múltiples piscinas, tobogáns, etc. adaptados ás distintas idades e gustos.

Unha bandada de contos

O puzzle do obradoiro "A vista de Paxaro" xa está listo. Mirade que "chuli" quedou.

14 jun 2013

4º PRIMARIA CON INFANTIL DE 3 E 4 ANOS

Estivemos xuntos vendo e escoitando dous contos: "Quen lle ten medo ó lobo?" (Algún sí tivo medo!!!) e "Unha sorpresa para Goruk". E tomamos un toffe porque o lobo do conto tamén o tomou e...







12 jun 2013

LECCIÓN MAXISTRAL DE PEDRO E SERGIO LISTE ANTE OS COMPAÑEIROS E PROFES

A técnica de elaboración de esquemas vai mellorando; se os primeiros foron bos agora estes alumnos/as  xa están superándose a sí mesmos e todas as expectativas que tiñamos cando vos explicamos o que pretendíamos facer cos ipads /ordenador de cara a aprender a estudar.
Notouse a melloría no tema que eles mesmos "elaboraron". Agora van elixindo un tema que lles apetece e elaboran o esquema para, posteriormente, presentalo para os demais; non se pode repetir ningún.
O traballo elaborado por PEDRO e SERGIO LISTE así como a explicación de  hoxe foi "espectacular", literalmente: alegre, divertida e chea de contido.
PREME NA IMAXE.

COMPARTIMOS A CLASE DE ED. FÍSICA CON ED. INFANTIL 5 ANOS

Está rematando o curso e o alumnado de 5 anos está a piques de rematar a súa etapa en Ed. Infantil para empezar o vindeiro curso a Ed. Primaria. Hoxe fixemos unha actividade conxunta durante a clase de Ed. Física e resultou moi satisfactoria; o alumnado de 3º fixo o papel de monitorado para que os máis pequenos poidan aprender as normas a ter en conta durante unha clase de Ed. Física, tamén lles axudaron cando foi preciso durante a realización das actividades e todo desenvolveuse á perfección.
Parabéns para grandes e pequenos pola magnífica cooperación! Seguro que repetiremos a experiencia.


Señoras e señores deputados...

O venres 7 de xuño puidemos asistir a unha sesión exclusivamente inclusiva do Parlamento de Galicia. Aldeas Infantiles SOS celebraba neste lugar unha xuntanza moi especial, e coma convidados de honra acudimos xunto con outros tres coles das outras provincias: Lugo, Ourense e Pontevedra. Nós iamos en representación d'A Coruña.


 Membros do PV (Partido Viteístico) preparándose para a sesión.

 A prensa, sempre inquisitiva coa clase política


 O voceiro do Partido Viteístico, Juan Fdez. Castro, preparando a súa intervención

 Intervención da Presidenta de Aldeas Infantiles SOS, Rosa Freire (que estreaba netos estes días: mellizos!)


Intervención dos representantes dos outros partidos. Mágoa da compañeira do Don Bosco de Vigo, que fixo a súa intervención en castelán nun lugar coma o Parlamento de Galicia.

Eiquí o noso voceiro... todo un crack!



Os Compromisos (os tres primeiros eran do Partido Viteístico)

 A votación dos Compromisos (Naím e Liyu foron os últimos en votar)


No reconto saíu, por maioría, o número 1, o compromiso que fora redactado pola nosa compañeira Karina Duro!

Experiencia moi grata que seguramente repetiremos no futuro!

11 jun 2013

ANIVERSARIO DE ÓSCAR

Óscar estivo de aniversario o domingo, 9 de xuño, así que o luns chegou cargado con galletas e zume para celebralo cos seus compañeiros. Fixeron unha gran festa, cantaron o "Parabéns" e tamén houbo algún tirón de orellas.

6 jun 2013

REPASO A XEOMETRÍA


Fai moito que non vos deixo algo de traballo para que repasedes, aínda que nos laterais xa sabedes que podedes atopar uns banner fixos (para que estean máis doados de atopar) con recursos de Coñecemento do Medio, Matemáticas e Inglés.
Nestas datas estamos a voltas coa xeometría e cumpre repasar un pouco.

LIYUKENI: CAMPIÓN GALEGO PREBENXAMÍN 1ª DIVISIÓN XOQUEI A PATÍNS

Son Liyukeni. Xogo a xoquei sobre patíns no equipo CLUB DE HOCKEY COMPOSTELA; gañamos a liga galega de 1ª DIVISIÓN PREBENXAMÍN e teño unha medalla que o meu entrenador di que é de ouro.
Na seguinte ligazón podedes ver a CLASIFICACIÓN ao final da liga autonómica.

                                     

MANIPULAMOS FÓSILES, ROCHAS E MINERAIS

O equipo de Pedro, Tania e Paula falou hoxe da minería en Galicia, no seu documental de imovie. Ao remate, trouxeron unhas caixas con fósiles, rochas e minerais; tamén un pico dos que se usan para as excavacións!
Poidemos ver sal gema, pirita, granito, pizarra, cuarzo, pedra volcánica, moitos fósiles de animais e vexetais ...
Causaron sensación as cores, as formas de cristalización nas que empezaron a comprobar que lembran ás figuras xeométricas que estamos aprendendo en Matemáticas...
Os fósiles gustaron moito, pero aínda non estaba claro o que era exactamente. Premede na ligazón para aclaralo un pouco máis.

5 jun 2013

Á CAZA DOS GRILOS: XOGOS DE ANIMAIS EN ED.FÍSICA

Hoxe facía calor pero os grilos resistíanse. Foi o xogo elixido por Adrián para explicarlles aos seus compañeiros. Un auténtico éxito aínda que atopamos máis ben outros bichiños, así aprendemos a distinguilos porque andamos un pouco "verdes" no asunto.
Soupemos atopar as covas dos grilos e "facerlles cóxegas" cunha palliña para que saíran, pillamaos saltamontes, bolboretas, escarabellos bóla...

ARTESANÍA MARABILLOSA: ANIMACIÓN CON IPAD

Este é o último proxecto desta serie: OS TRABALLOS. Está feito co ipad (coa aplicación toontastic) polo equipo formado por MARÍA, ÓSCAR E MARCOS.



4 jun 2013

OS TRABALLOS EN GALICIA: TRAILER A XEITO DE DOCUMENTAL

Pedro, Tania e Paula fixeron este proxecto co ipad para aplicar os coñecementos adquiridos na área de Coñecemento do Medio.
Procuraron ambientar un pouco, cos recursos ao seu alcance, os traballos máis salientables de Galicia (tanto no referente aos produtos naturais como elaborados). Quedan aspectos sen tratar pero a cousa non daba para máis...
Moi bo traballo feito coa aplicación IMOVIE, que xa dominan moi ben.



OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON IVÁN SUÁREZ

A semana pasada visitounos Iván Suárez, ilustrador de BOLA DE MANTEIGA, da editorial OQO. Con el aprendemos a  debuxar emocións e sentimentos: xestos de tristeza, aburrimento, tristeza, susto...
Nas fotos podedes ver algúns dos traballos que fixeron os nosos/nosas artistas gráficos.

HOMENAXE Á AVOA DE HUGO


A avoa de Hugo, Concepción Fandiño Soto, foi mestra de aldea. A semana pasada fixéronlle un homenaxe en Donón. 

Na seguinte ligazón do FARO DE VIGO fala diso e tamén explica como era o ensino fai 40 anos nunha aldea. 

Parabéns para Dona Concha porque é unha gran felicidade que a lembren con agarimo aquelas persoas ás que ela formou naqueles primeiros anos.

Aquí aparece Hugo, o seu neto, explicándolle aos seus compañeiros, quen é a súa avoa na reportaxe publicada no Faro de Vigo.

O ANIVERSARIO DE SERGIO LISTE

Onte, Sergio estivo de aniversario (9 anos). Xa levaba días cun bule bule no corpo que non lle deixaba parar e por fin... chegou o día! Veu cargado con caixas de galletas surtidas e zumes, e os lambóns foron papando nas viandas. Levou os tiróns de orellas e tamén houbo canción de parabéns de distinto tipo.