20 dic 2013

19 dic 2013

DANZAS DE 3º E DE 4º NO FESTIVAL DE NADAL 2013

Cos meus mellores desexos de felicidade para todos no novo ano. No blogue leriasdevite publicarei, cando me sexa posible, unha presentación coas fotos e vídeos do festival.


16 dic 2013

O NOSO NADAL

         O alumnado de 3º fixo un traballo sobre o Nadal na REPÚBLICA DOMINICANA (Bruno), en CUBA (Tamara), en UZBEKISTÁN (Samira), en RUMANÍA (Marian), nos PAÍSES ÁRABES (Amal), na CULTURA XITANA (Rubén, Triana), en MADRID (Ismael) e en GALICIA (Laura, Hugo, David, Gael, Manuel). BO NADAL!!!!

15 dic 2013

POSTAIS DE NADAL 2012 - 4º


Os artistas remataron as súas obras e xa están expostas no corredor da entrada do centro. Coa mesma queremos facer unha reflexión sobre o  consumismo excesivo polo Nadal, por iso utilizamos como soporte as bolsas de papel de diferentes marcas.


12 dic 2013

O CLUB DA CALCETA DE 3º

      Un grupo de alumnado de 3º  está aprendendo a calcetar nalgún recreo con persoas maiores que lle veñen a ensinar. Como mola!!!!

11 dic 2013

NOVENO ANIVERSARIO DE MARIO

Mario fixo os 9 anos o sábado, 7 de decembro. Fixo unha festa tan grande que despois enfermou e non puido celebralo no cole ata o martes. Todos estiveron encantados co chupa e o kit kat que trouxo. E incluso el estaba ben alegre cos nove estiróns de orellas e os parabéns de todos e todas!

5 dic 2013

UNHA CURTAMETRAXE CON MANUEL MANQUIÑA

Como xa sabedes, estes días o alumnado de 4º participou na gravación de distintas tomas para un corto de cine elaborado por estudantes de Fotoxornalismo. Roberto é o neno protagonista polas súas características físicas (tiña que parecerse a un actor adulto que encarnará o mesmo papel, pasados uns aniños). O casting previo foi moi satisfactorio así como a participación de todo o grupo como "extras".
Aproveitamos para aprender un pouco dos estudos que están a realizar e as múltiples  tarefas precisas para gravar só uns minutos do corto, moitas persoas, cada unha coa súa especialización...
Sorprendeunos contar coa presenza do famoso actor galego Manuel Manquiña, no papel de "mestre".


FACENDO AS POSTAIS DE NADAL

O taller de pintura está desbordado nestes días. Estamos experimentando coa pintura acrílica e os pinceis. Adiántovos algo; aínda que non hai ningunha que estea rematada.

4 dic 2013

UN SOÑO XENIAL

O último dos traballos en relación coas palabras inventadas da FESTA DAS PALABRAS (outono/ medo).
Polo feito de ser o último, xa se foron corrixindo errores e aprendendo a partir deles.


1 dic 2013

OS DISFRACES DO CAN

Terceira entrega, novo cómic elaborado co ipad e no que se poden apreciar unha magníficas ilustracións. Creo que temos algunha futura artista plástica.


O BOSQUE DO CASTERROR

Xa sabedes que a actividade consistía en inventar palabras a partir das que aparecían no mural "A Festa das Palabras". Neste caso eran de outono e de medo. Dese xeito naceu Casterror, peontasma, Mourtizo, etc.
Este é o segundo traballo que publicamos.



UNHA MARABILLOSA VIAXE

Aquí está o primeiro cómic realizado polo alumnado de 4º EP dentro da actividade "A FESTA DAS PALABRAS". Aínda que levou certo tempo, teremos que desenvolver un pouco máis a súa creatividade e técnicas narrativas no futuro. O traballo foi realizado co ipad, usando a aplicación COMIC LIFE.


26 nov 2013

O ÁRTICO ROMPE


   Hoxe, o alumnado de 3º, estivemos nunha exposición sobre o Polo Norte (instalada na Alameda). Foi moi interesante a explicación que nos deron e todo o que vimos e aprendimos. Agora podemos ir a vela coas nosas familias polas tardes e os fins de semana (remata o 12 de decembro).

24 nov 2013

FACENDO CÓMICS COS IPAD

"A festa das palabras" é o nome dunha nova actividade proposta polo Equipo de dinamización da lingua galega. Nesta ocasión trátase de elixir palabras de medo e de outono.
En cuarto traballamos a partir desas palabras, inventando outras novas, para facer con elas historias en formato cómic.
Os equipos están moi motivados e, a pesar da dificultade, haberá bos resultados.
Dentro de pouco empezaremos a publicalos.


FACENDO CÓMICS CON PALABRAS INVENTADAS on PhotoPeach

22 nov 2013

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS NA BIBLIOTECA

   O xoves o alumnado de terceiro vimos a exposición que a ANPA colocou na biblioteca e escoitamos a interesante explicación do pai de Seil e Iván Soto. 

20 NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

      Os alumnos e alumnas de 3º traballamos sobre os nosos dereitos (os dereitos dos nenos e nenas) e ilustrámolos.

15 nov 2013

TORTA DE CABAZA

   Hoxe, en 3º; comimos -antes da celebración do Magosto- unha torta de cabaza feita pola nai de Laura. Que ricaaa!


14 nov 2013

OBRADOIRO DE COCIÑA

   Hoxe fixemos o primeiro obradoiro de cociña para 3º. A profe/chef Cristina axudounos a preparar unha torta fría de froitos do outono, unha torta de mazá e minipalmeiras no forno. Rico, rico!!!




11 nov 2013

AS FOTOS DA I MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL

Estas son as fotos da I Maratón de Tradición Oral celebrada na Biblioteca Ánxel Casal o pasado venres, 8 de novembro: durante a exposición, entrega de diplomas, etc.
Aproveito para dar agradecer a Víctor, o avó de Lucía, a súa inestimable colaboración.

8 nov 2013

I Maratón de tradición oral - Radio Galega

Hoxe participamos na I MARATÓN DA TRADICIÓN ORAL, organizada pola biblioteca Ánxel Casal.
Alí estaba presenta a Radio Galega, que entrevistou a varios nenos e nenas.
Preme na imaxe para escoitar o audio do programa (desde o minuto 28 ao 33)

7 nov 2013

O MURAL DO PEÓN 2013

Déixovos esta presentación para que vexades aos artistas de 4º pintando coa "brocha gorda" para decorar o mural do outono e peón 2013. Como gozan cos pinceis e as pinturas!

6 nov 2013

HABILIDADES CO PEÓN: A SERRA

A serra é un truco moi difícil de realizar con éxito, pero para estes artistas do peón nada hai imposible.
Para que poidades ver o xeito de executalo, déixovos este pequeno vídeo da clase de Ed. Física de hoxe.

4 nov 2013

O PEÓN NA CLASE DE ED. FÍSICA

Aínda que os peóns saíron ao patio do noso cole hai tempo,  hoxe empezou "oficialmente" a actividade de XOGO CO PEÓN, nas clases de Ed. Física.
Algúns xa trouxeron a súa obra de arte para participar na III mostra mundial de decoración de peóns, outros esqueceron que tamén fai falta un para bailalo, xogar e aprender trucos.

Este ano imos a facer un circuíto de  habelencias co peón: bailar á patada, bailar normal, o canciño, o ascensor, a serra e calquera outro truco que sexan capaces de facer.

Tamén practicaremos xogos: OS VEZOS, O TURBO, OS BECHOS...

Se premes na imaxe poderás acceder á galería de imaxes de hoxe.
PEÓN 13 - 2ºCICLO

ANIVERSARIO DE NOA

Ola, son Noa. Onte estuven de cumpleanos. Regaláronme un conto de Tea, un xogo de adiviñar quen é quen e unha bolsa de material de manualidades.

3 nov 2013

OS CIENTÍFICOS DE 4º COMPARTIRON A SÚA EXPERIENCIA COS DE 6º

Foi unha bonita sesión na que fallou un pouco o reactivo utilizado pero aínda así resultou moi educativa  para todos e todas.


OS CIENTÍFICOS DE 3º COMPARTIRON AS SÚAS EXPERIENCIAS CO ALUMNADO DE 4º


O alumnado de 3º preparou dous experimentos relacionados coa temática sensorial.
Fixeron unha exposición teórica e tamén houbo a correspondente posta en práctica.


           1.- Colocamos sobre unha mesa 5 vasos con auga (da billa, con gas, con zume de limón, con sal e  con azucre)

Cos ollos pechados, como podemos saber cal ten auga da billa?
            Describimos o sabor: doce, salgado, …
Saboreamos as cousas grazas as papilas gustativas (que podemos observalas na lingua cunha lupa).

            2.- Seca a túa lingua con papel absorbente (de cociña). Coloca un trozo de chocolate sobre a túa lingua.
Podes recoñecer o sabor do chocolate?
            Que demostra este experimento?: Que necesitamos a saliva para saborear os alimentos. Para que os alimentos teñan sabor, é necesario que primeiro as substancias químicas que conteñen se disolvan na saliva. Unha vez disoltas, estas substancias químicas poden ser detectadas polos receptores das papilas gustativas. 

PRESENZA DE AMIDÓN NOS ALIMENTOS


A outra experiencia que fixemos en 4º foi para detectar o amidón na composición de alimentos. Fíxonos pensar bastante porque non sempre estaba nos alimentos esperados. O traballo en equipo foi fundamental para axudarnos a sacar conclusións.
O proceso é o que podedes ver na presentación.





2 nov 2013

OBSERVAMOS O MOFO DO PAN - 4º



Estes son os pasos que seguimos para observar o proceso de creación de mofo no pan.  O mofo fíxose esperar pero, finalmente puidemos ver o seu aspecto coa axuda das lupas binoculares.

CONSTRUÍMOS UN APARATO RESPIRATORIO

Na aula de 4º construímos este "simulador" dun aparato respiratorio. Axudounos a entender mellor o proceso da respiración.


29 oct 2013

TANIA E SANDRA NA BIBLIOTECA DE GALICIA

Tania e Sandra participaron o sábado pola mañá nunha interesante actividade, de balde, na BIBLIOTECA DE GALICIA (Cidade da Cultura).

Da tabula ao tablet: o libro e as bibliotecas a través do tempoé o título xenérico para as actividades que se realizan cada sábado en horario de 12 a 14 horas. Debedes facer a inscrición previamente.

Sandra e Tania explicaron hoxe aos seus compañeiros/as os coñecementos que adquiriron mentres se divertiron na biblioteca: fixeron un marcapáxinas nun anaco de papiro, explicáronlles como se escribía nunha táboa con signos cifrados na época dos exipcios... Ata lles regalaron un fermoso libro ilustrado por prestar atención!

23 oct 2013

OS EXPERIMENTOS DE 3º






   Hoxe estivemos con Álex (alumno de prácticas), facendo os nosos experimentos sobre os sentidos. Graciñas, Álex!!!!!

22 oct 2013

APARECEU O MOFO NO PAN!

Levamos días observando os tres anacos de pan, cada un coa súa peculiariedade, esperando ver os cambios que se ían producindo. Hoxe apareceu un mofo que se apreciaba a simple vista, pero o millor de todo foi observar unha mostra de cada un a través da lupa binocular.
Despois fixemos un debuxo das tres imaxes nos nosos cadernos (pan seco, pan húmido e pan con mofo)

APRENDER A RECICLAR DE XEITO DIVERTIDO

Ese foi o obxecto da charla que recibiron hoxe os alumnos e alumnas de 3º e 4º. Non sempre sabemos con exactitude cales son as cousas que teñen que ir a cada contenedor;  outras xa as teñen moi claras.

Por exemplo: unha percha de colgar a roupa, aparentemente de plástico, non vai ao contenedor amarelo.

Entre todos temos que contribuír a producir menos lixo e a reciclar os residuos utilizando axeitadamente  os contenedores.

21 oct 2013

AUDITORIO DE GALICIA

                                          Agardando a que empece...         
                                        Aquí nos están ensinando A TAMA (O tambor que fala)
    O alumnado de 3º e 4º (coas titoras e a profesora de Música)  estivemos no Auditorio vendo unha actuación dun grupo musical africano do Senegal: TERANGA, "O legado dos griots do Senegal". Os griots son os gardas da tradición africana. Interpretaron varias danzas e cancións con diferentes instrumentos de África  ("Que facemos se non chove?", "Se queres casarte comigo terás que traerme vacas!"... eran algúns dos títulos). Acabaron cunha danza e canción de paz na que participou o numeroso público dende os seus asentos. Tamén nos falaron da importancia da tradición oral: "Só escoitando podes aprender". Foi moi interesante!!!

20 oct 2013

OS NOSOS CONTIÑOS

   O venres levamos para a casa os contos que escribimos todos e todas co título: QUEN LLE TEN MEDO A CARAPUCHIÑA VERMELLA? Todos están moi ben, pero o que máis nos gustou foi o de Hugo que o titulou "O LOBO QUE TIÑA VERGOÑA" (e tamén ía o de Bruno: "Mario e os mosquitos").

         Aquí vemos o orixinal de Amal.

17 oct 2013

A FESTA DO CORDEIRO

 O 15 de outubro a nosa compañeira Amal non veu a clase porque os musulmáns de todo o mundo celebran ese día a festa do cordeiro. E púxose tatuaxes de henna (e fíxonos un traballo escrito coa axuda da súa familia) para ir moi guapa!


CONTACONTOS (1º, 2º E 3º)

    Hoxe volveu Marisol a contarnos un conto que inventou ela. Foi na biblioteca e estabamos con 1º e 2º.


16 oct 2013

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"

     Hoxe, o alumnado de terceiro, fixemos unha saída e visitamos o Museo das Peregrinacións onde estivemos moi atentos/as ao que nos explicaban. Coñecimos a bandeira xitana (o azul é o ceo, o verde é a terra, e a roda dos carros) e Rubén cantou con Merchi, que ben o fixo!!! Aproveitamos tamén para ir á biblioteca Ánxel Casal (vimos un vídeo, coñecimos toda a biblioteca, vimos libros en braille, fixemos os carnés..).e usámola lendo!!!





ANIVERSARIO DE MARCOS

Hoxe, 16 de outubro, Marcos cumple 9 anos. Chegou cargado de manxares para compartir cos compañeiros e coas mestras. E posou ante a cámara contento de ser o protagonista.
Moitos parabéns!


SUPLEMENTO VITE INFORMA 4º

Déixovos esta presentación do VITE INFORMA  de 4º, coas novas que non se puideron incluír no informativo por falta der espazo.

VITE INFORMA - 4º ED. PRIMARIA

Xa está rematado o primeiro programa da serie. Un informativo "especial" feito con ilusión. Tamén aquí chegaron os recortes. Non puideron saír todas as intervencións pero publicaremos nestas páxinas un Suplemento, cos traballos que non aparecen no memso.
Todos os programas deste informativo publicaranse no blogue leriasdevite
PREME NA IMAXE PARA VER O PROGRAMAPUBLICADO EN LERIASDEVITE

15 oct 2013

We enjoy English 1.01

These exercises (linked from the British Council web) are suitable for the 4th year, but people from the 3rd year will be welcomed to practice them too. 

Enjoy them!

Pronouns                              Descriptions



14 oct 2013

I SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Este ano celebraremos no noso centro a I SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO. En cada aula faranse distintas actividades con contido "científico". Despois deberán expoñer a súa experiencia a outros grupos.
Rebeca, que está facendo as prácticas en 4º, programou dúas actividades moi interesantes. Están relacionadas co tema dos alimentos, que estivemos desenvolvendo nas clases de Coñecemento do Medio. Hoxe empezou a fase práctica pero a observación continuará durante toda a semana.

9 oct 2013

A DIXESTIÓN

Sergio Seijas, Tania e María Iglesias elaboraron esta presentación para entender mellor o proceso da dixestión. Coa axuda da plastilina e dunha cámara fotográfica con trípode e disparador, conseguiron esta sensación de movemento dos alimentos a través do organismo.